Xoaquín Monteagudo é o letrado do Concello de Compostela e principal asesor xurídico no xuízo contra a familia Franco polas estatuas usurpadas do Pórtico da Gloria. No proceso tratan de demostrar que, en efecto, as estatuas son de titularidade municipal e que se deben recuperar para a cidadanía.
Foi cando as estatuas estiveron expostas no Museo do Prado a propiedade dun particular entre o 2016 e o 2017, que saltaron as alarmas. “Dixemos, ‘as pezas que o Concello mercou no 48 son as mesmas que posúe a familia Franco'”, explica Monteagudo. “Non amosan ningún título, entón teñen que devolvelas“.
Alegan o paso do tempo para privatizar un ben público
E como explica o letrado, os argumentos presentados pola familia do ditador no xuízo, que se acolle ao Código Civil. “Os bens de patrimonio histórico artístico son imprescriptibles“, é dicir, non os pode adquirir e privatizar nin a máxima autoridade do Estado.