A faceta artística do erotismo

A mostra 'BibliotequEROS' expón os fondos bibliográficos de carácter erótico que posúe o Museo do Pobo Galego

O amor e o desexo carnal protagonizan, dende o mes de xullo, a mostra BibliotequEROS, que expón no Museo do Pobo Galego os fondos bibliográficos de carácter erótico que posúe a devandita entidade. Trátase dunha innovadora exposición composta de dúas salas, unha que amosa os arquivos do Museo e outra que convida á persoa visitante a interactuar, botando un ollo, por exemplo tras un arco de pechadura.

Nesta exposición pódense observar coidadas edicións orixinais de revistas e libros sobre o erotismo, ilustracións, gravados e incluso unha obra do vangardista Marcel Duchamp, Prière de toucher. Atópanse tamén obras de autores coma Safo, Bocaccio, Miller ou Méndez Ferrín, así como exemplares ilustrados por Becat ou Leiro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

É o erostismo un tema tabú hogano?

A día de hoxe, o erotismo segue a ser un tema tabú para a sociedade? A patroa do Museo do Pobo, Rosa Méndez, pensa que a situación mudou moito na actualidade, mais consider que aínda non está completamente normalizado: “Hai xente que entra na sala e se dá a volta”, explica.

Horario

A exposición ficará no Museo até o vindeiro 14 de outubro, e pode visitarse, ao igual que as demais salas do edificio, de martes a sábado en horario de 10.30 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h. Os domingos e festivos, entre as 11.00 e as 14.00h.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -