A Estación Violenta

Xiana Arias fálanos sobre A Estación Violenta, a nova película de Anxos Fazáns

A vida non é inofensiva. Pode ser esgotadora e frustrante. A Manuel gustaríalle ser escritor, pero en lugar diso vive atrapado na súa rutina, incapaz de afrontar as súas emocións. Terá un inesperado reencontro cos seus mellores amigos da adolescencia que fará disparar todas as súas pulsións.

Butaca NUMAX: A ESTACIÓN VIOLENTA

A carón do seu nome impreso no photocall d'A Estación Violenta, Xiana Arias Rego fálanos de música underground galega, dos corpos nus e moitos outros ingredientes que nos convidan a gozar en NUMAX da opera prima de Anxos Fazáns. Xiana é xornalista do Diario Cultural e Onda Vital da Radio Galega, poeta, integrante do grupo Atrás tigre e, tal e como sinala no vídeo, tense introducido no mundo do vídeoclip no «Bótalle caldo» de Malandrómeda (Matapadre) .Lembrade que A ESTACIÓN VIOLENTA poderase ver toda a semana en NUMAX. Consulta os horarios en: https://numax.org/cinema/ficha/a-estacion-violenta

Publicada por NUMAX en viernes, 1 de junio de 2018

Ficha completa e entradas

- Publicidade -