O director da Escola Municipal de Música de Santiago, Fernando Rey, indicou este martes que, malia que aínda non se aprobaron os pregos para o novo contrato de xestión da entidade, confía na “vontade de diálogo” do Concello para atopar unha solución ao conflito. Rey asegura ter “contacto directo” co alcalde e cre que non se tardará en aprobar a nova proposta.
A vontade polas dúas partes: diálogo
Pola súa banda, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, apuntou que a prioridade do Goberno local segue a ser “manter os postos de traballo e garantir o cumprimento do convenio”. Cómpre lembrar que as e os traballadores xa estiveran en folga o pasado maio por mor desta cuestión.