Home Programas Espazo Aberto A emoción de sobrevivir

A emoción de sobrevivir

0
A emoción de sobrevivir

“Non imaxinamos a repercusión que acadaría este caso”, explica Óscar Corral, fotoxornalista de El País que viviu en primeira persoa a travesía do buque Aquarius polo mar Mediterráneo. Esta foi unha vivencia única e intensa que, asegura, xamais esquecerá.

O buque da esperanza

A viaxe, como el mesmo relata a Nós Televisión, tivo un marcado carácter emocional; dende a esperanza e a ledicia do rescate das persoas migrantes tralo seu naufraxio até a angustia e a incerteza que xurdiron cando Italia pechaba os seus portos ou os víveres comezaban escasear.

No Aquarius creáronse fortes lazos de amizade

O anuncio de “benvida” do Goberno español non puxo fin ás dificultades, xa que o navío viuse “sobrepasado” e sen capacidade para atender as necesidades de 629 pasaxeiros e pasaxeiras que miraban con “pánico” as ondas de máis de catro metros que batían contra o Aquarius. “Era xente moi vulnerable nunca superficie demasiado pequena”, expón. Se algo salienta Corral desta viaxe son os “lazos de amizade” creados no barco: “Puiden porlles cara, nome e sentimentos”, indica o fotoxornalista, en referencia aos milleiros de persoas que cada ano se xogan a vida no mar procurando unha vida mellor en Europa.

Con todo, non tódalas migrantes que se embarcan nunha precaria embarcación corren a mesma sorte que as que foron acollidas polo Aquarius, xa que moitas, das que non existe ningún “censo”, desaparecen na inmensidade do mar.