A economía social darase cita en Compostela o 15 de decembro

I Foro de Economía Social Inspiradora

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi o I Foro de Economía Social Inspiradora que terá lugar en Compostela o vindeiro 15 de decembro

O Foro ten como obxectivo motivar ás persoas a nivel persoal e profesional para dar a coñecer expericneicas empersariais inspiradoras e ter como enfoque os valores da economía social.

Neste foro estarán representadas entidades relacionadas con este sector e presentaranse os resultados do Informe sobre Economía Social.

O encontro terá lugar no Edificio CERSIA Empresa, situado no barrio de San Lázaro e as inscricións poderanse realizar a través deste enlace.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego