Home Programas Espazo Aberto A directora do cárcere da Lama cancela a entrevista con EsCULcA

A directora do cárcere da Lama cancela a entrevista con EsCULcA

0
A directora do cárcere da Lama cancela a entrevista con EsCULcA

Teresa Delgado convértese na segunda directora dunha prisión galega en negarse a recibir ao equipo de EsCULcA. Esta negativa chega despois de que o director do cárcere de Teixeiro, José Ángel Vázquez, leve dous meses esquivando a solicitude de entrevista presentada por EsCULcA, que rematou por denunciar publicamente esta negativa.

EsCULcA tiña concertada unha entrevista con Delgado este 30 de xullo ás 17:00 horas, mais na pasada semana a directora cancelou a entrevista alegando “non poder” recibir representantes dunha asociación como a nosa que non ten relación de parentesco ou profesional coas persoas por que mostramos interese, segungo informan dende EsCULcA. Dende o Observatorio de defensa dos dereitos e liberdades non consideran que esta sexa unha razón “convincente” e sosteñen que “non existe normativa que prohiba este tipo de entrevistas e ser Teresa Delgado directora dun centro da administración pública, por definición ao servizo da cidadanía”.