A Xunta prepara a Estratexia Dixital de Galicia 2030 coa que camiña nunha rolla de ruta anunciada en maio cara a dixitalización na próxima década. Os pasos que está dando o Goberno galego foron criticados nun primeiro momento dentro do Parlamento, onde a oposición acusou ao executivo de Alberto Núñez Feijóo de servirse do proceso de dixitalización para privatizar a Administración pública.
Fóra do Pazo do Hórreo, o Goberno realiza Foros de Debate nas que presenta esta Estratexia. Un deles transcorreu en Compostela no que a directora da Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Amtega, evitou facer referencia á destrucción de emprego na investigación e a desaparición de empresas innovadoras no noso país.