Os traballadores do aeroporto de Santiago de Compostela levan loitando contra o peche da cantina dende o mes de abril. Trátase dun conflicto laboral que Aena trata de esquivar xa que nin sequera admitíu unha reunión co comité Intercentros. “Queremos que a cidadanía saiba que quen leva á folga aos traballadores non son os propios traballadores, senón Aena”, explica Pablo de Prado, Secretario da Coordinadora do Comité Intercentros. Debido a isto, o cadro de persoal está tratando de organizar días de folga para finais de agosto ou principios de setembro, coincidindo coa operación retorno.
Home Programas Área Compostela O comité intercentros do aeroporto de Santiago irá á folga coa operación retorno de agosto tras as negativas de Aena