Home Programas Área Compostela A descoberta do patrimonio oculto da cidade

A descoberta do patrimonio oculto da cidade

0
A descoberta do patrimonio oculto da cidade

Espazos singulares, históricos e artísticos malia que descoñecidos e invisibilizados. Compostela goza dun patrimonio de primeiro nivel oculto. Agora, tras unha iniciativa da Área de Cultura do Concello de Santiago, ábrense as portas dos tesouros históricos menos accesibles da cidade.

Compostela agocha tesouros descoñecidos

Trátase dunha pioneira iniciativa que dará a coñecer historias, reflexionar e desvelar sobre o patrimonio oculto que existe, nomeadamente, en sete espazos singulares da cidade como son, entre outros, o Ceminterio de Boisaca, o Psiquiátrico de Conxo ou os pazos de Raxoi, San Lourenzo e de Ramirás.

Durante seis días poderanse observar unha herdanza monumental de séculos que non está accesible durante todo o ano. Para poder participar nas visitas guiadas gratuítas, cómpre reservar praza con antelación. A xornada inaugural terá lugar o vindeiro xoves 13 de setembro e, poucos días despois, o sábado, virá o prato forte desta actividade coa celebración da Noite do Patrimonio e que achegará un completo programa de actividades simultáneas en 15 cidades patrimonio do Estado.