Home Programas Área Compostela ‘A derradeira leición do Mestre’ xa está na Cidade da Cultura

‘A derradeira leición do Mestre’ xa está na Cidade da Cultura

0
‘A derradeira leición do Mestre’ xa está na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá o acto de desembalaxe da magnífica obra de Castelao

Castelao volve a ser actualidade coa chegada dunha das súas obras pictóricas máis coñecidas, A Derradeira leición do mestre, a Galiza. A Xunta organizará no Museo Centro Gaiás a mostra “Castelao maxistral” da que formará parte esta peza.

Ata marzo

A obra exhibirase no Museo Centro Gaiás do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019. Hai que recordar que Castelao pintou na capital arxentina, en 1945, A derradeira leición do mestre—baseado na estampa nº 6 do seu libro Galicia mártir— en homenaxe ao seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936