Home Programas Espazo Aberto “A derradeira lección do mestre” volverá a Galiza no outono

“A derradeira lección do mestre” volverá a Galiza no outono

0
“A derradeira lección do mestre” volverá a Galiza no outono

A obra de Castelao “A derradeira lección do mestre” vai a protagonizar un intenso debate sobre o pasado e o futuro do noso país. Alomenos é a impresión que deu o inicio da súa andaina formal coa sinatura do acordo entre a Consellaría de Cultura e o Centro Galicia de Buenos Aires que tivo lugar no Museo da Cidade da Cultura. No acto participaron o Conselleira de Cultura, Román Rodríguez e o presidente da entidade galega en Arxentina, José María Vila Alén.

 

O conselleiro de Cultura afirma que traer a obra non significa voltar ao pasado senon mirar cara o futuro

Tamén puxeron a súa rúbrica no documento os presidentes da Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ademais do secretario do Centro Galicia. O conselleiro afirmou que a súa chegada era “un simbolo” mais que hai que mirar cara o futuro e non cara o pasado.

Polo seu lado o presidente do Centro Galicia afirmou que o significado do cadro está aí nda vixente hoxe e que ao aceptaren o seu préstamo querían concienciar sobre o que sucedeu.

No outono, na Cidade da Cultura

O cadro “A derradeira lección do mestre” chegará a Compostela para participar na exposición “Castelao maxistral” que organizará a Cidade da Cultura o vindeiro outono e que está comisariada polo historiador Miguel Ánxel Seixas