A derradeira canción é a da esperanza

Nós Televisión conversa con Rosalía Fernández, autora de 'Bonus Track', un relato no que converxen música e narrativa coma "o xirar dun disco"

Cando semella que todo está perdido, segue sempre latente unha esperanza, unha ilusión, unha última oportunidade que aparece no momento no que menos se agarda. Precisamente dese mesmo intre brotan, coma as cancións que soan pola acción da agulla sobre o tocadiscos, os relatos de Bonus Track, a primeira novela de Rosalía Fernández Rial.

As cancións son o late motiv que une as historias

Nesta obra, a música toma un papel protagonista, que condiciona o xeito de escribir e a “textura dos relatos”, en palabras da súa autora. “As cancións son o late motiv que une as historias”, explica Fernández Rial, quen se define como unha “escritora DJ” que plasma as verbas coma “o xirar dun disco”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Esta novela amosa tamén a figura da “muller empoderada que é capaz de mudar o seu destino”. A ficción convértese nun “referente da esperanza” que, na práctica, pode constituír un “espello onde mirarse”. Dise popularmente que a esperanza é o último que se perde. Pode que sexa certo, xa que, unha vez rematadas tódalas cancións dun disco de música, sempre agarda o bonus track que conclúe o relato sonoro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -