Home Programas Área Compostela A dereita xúntase na Coruña no acto de Ciudadanos con Paco Vázquez

A dereita xúntase na Coruña no acto de Ciudadanos con Paco Vázquez

0
A dereita xúntase na Coruña no acto de Ciudadanos con Paco Vázquez

A presenza de Don Paco levantou certa expectación na Coruña e a dereita da cidade respondeu arropuando a Albert Rivera perante a “grave situación” que vive o Estado español ante a “ameaza nacionalista e populista”.

O líder de Ciudadanos e o histórico alcalde ultra da Coruña chamaron a defender a Constitución e a “erguer a voz” fronte en favor da “unidade de España”. No intento de presentar ao que fora alcalde socialista da cidade como candidato de Ciudadanos á alcaldía nas vindeiras eleccións de maio de 2019 (algo que, por agora, el mesmo desbota), desde o partido laranxa quixeron cederlle o protagonismo nun acto que durou pouco máis dunha hora

“O nacionalismo non é compatible coa democracia” chegou a afirmar o líder da formación laranxa. Constitución, Constitución e Constitución. Sen referenzas a Galicia, Cataluña foi o centro de todas as intervencións realizadas nun acto no que, mesmo, houbo palabras para referirse a ETA ou aos que, trala ditatura de Franco, querían “convertir españa nunha ditatura de Castro”.

Así, o Auditorio principal do palacio de Congresos da Coruña, acolleu onte a algo menos dun milleiro de persoas que reaccionaron entregados ante os alegatos constitucionalistas de Francisco Vázquez e de Albert Rivera e, en especial, ante as críticas contra o goberno de Pedro Sánchez.