“A Deputación sacou subvencións para paliar as deficiencias nas industrias culturais”

Xurxo Couto critica a política cultural da Xunta de apostar por "magnos eventos" vinculados ao Xacobeo.

O deputado de Cultura da Deputación de Coruña falou en Nós Televisión das subvencións culturais da administración provincial e criticou a aposta da Xunta de promocionar grandes eventos mentres non fomenta o tecido cultural de base: “Nin se promociona a industria audiovisual, nin o teatro… E hai moita calidade, ilusión e actividade na nosa xente.”