Home Programas Área Compostela A Deputación ofrece en Compostela 22 prazas infantís para esquiar en Manzaneda

A Deputación ofrece en Compostela 22 prazas infantís para esquiar en Manzaneda

0
A Deputación ofrece en Compostela 22 prazas infantís para esquiar en Manzaneda

A quinta edición da Campaña de Inverno da Deputación da Coruña permitirá a 22 rapaces e rapazas compostelás gozar dunha estadía de catro xornadas na estación de esquí de Cabeza de Manzaneda. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o vindeiro martes 16, e terá un custo de 85 euros incluíndo o transporte, a manutención e as clases de esquí. Poderán optar a estas prazas aquelas persoas nadas entre o 2003 e o 2007.

Terán preferencia para conseguir unha praza aquelas nenas e nenos que non tivesen participado anteriormente nesta actividade.