O goberno provincial de Pontevedra quixo render contas á cidadanía cando se cumpren dous anos de mandato do novo executivo conxunto formado polo PSOE e o BNG. Foi nun acto no Salón de Plenos do Pazo provincial onde a presidenta, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, e de todas as deputadas e deputados provinciais realizaron un extenso acto de celebración baixo o lema “+ equidade, + servizos“.
Conversamos coas principais referenzas orgánicas da Deputación como tamén con algúns dos alcaldes dos concellos da pronvicia como tamén con veciños e veciñas sobre as mudanzas introducidas polo ente provincial.
Carmela Silva: “Non temos ningún apoio da Xunta”
No acto a presidenta da Deputación realizou un extenso repaso detallando as políticas do seu Executivo e de colaboración cos concellos. Salientou que a estes dedica este ano case 68 millónes de euros, case o 40% do seu orzamento anual.
.@carmelasilva: "Non temos ningún apoio da Xunta; todo o contrario, poñen paus nas rodas" https://t.co/ijEVWGCQNB pic.twitter.com/RanIcI8fpN
— Nós Televisión (@NosTelevision) 14 de julio de 2017