A Deputación de Pontevedra apoia aos concellos na mudanza da lei de augas termais

A asemblea anual das localidades termais aproban demandar á FEMP que as augas deixen de depender da lexislación de minas para ser considerada como un recurso hídrico

Na actualidade as augas mineiro-medicinais están consideradas como un recurso mineiro e polo tanto sometidas á lexislación de minas para ser tratadas na normativa como calquera outro recurso hídrico do país. Por este motivo as augas son privadas e dependen de cada empresa que solicita unha concesión da súa explotación á dirección xeral de Minas. Esta situación deixa ás vilas termais sen marxe de manobra polo que agora alcaldes e alcaldesas decidiron ante a asemblea de Vilas Termais da Federación Estatal de Municipios e Provincias (FEMP), pedir que se mude esta lei.

- Publicidade -

“O cambio de consideración das augas como de titularidade pública non suporía ningún problema para os actuais empresas que as explotan pero garantiría que os concellos puideran usar os sobrantes dos recursos para outro tipo de actividades”, explicou o deputado Carlos López Font ante a asemblea de Vilas Termais da FEMP que tivo lugar esta fin de semana na localidade de Ariño (Teruel).

A decisión será elevada á xunta directiva da FEMP que a defenda diante do goberno do Estado.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego