Home Programas Espazo Aberto A Deputación de Pontevedra adxudica o servizo de formación DepoEmprende 2017

A Deputación de Pontevedra adxudica o servizo de formación DepoEmprende 2017

0
A Deputación de Pontevedra adxudica o servizo de formación DepoEmprende 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación, a través dun procedemento aberto, do servizo de formación para emprendedores no marco do proxecto DepoEmprende 2017. O seu importe é de 117.232 euros e nel participa a Fundación Incyde co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

Carmela Silva, presidenta da Deputación, sinalou que “é un proxecto que ten por obxectivos fomentar o emprendemento, promover a incorporación ao mercado laboral e desenvolver competencias emprendedoras que axuden ás persoas desempregadas a buscar mecanismos de empregabilidade”.

As persoas beneficiarias serán persoas desempregadas da provincia de Pontevedra priorizando colectivos con maior risco de exclusión no mercado laboral como son os menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con disfuncionalidade, persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.

Os módulos formativos impartiranse en Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín,, Pontevedra, dúas edicións, e Vigo, outras dúas.