A Deputación de Pontevedra adxudica as 20.000 prazas do programa “En Ruta coa Depo 2018”

O goberno de Carmela Silva incrementou o orzamento do programa en 100.000 euros para as 32 rutas dispoñibles

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar na última Xunta de Goberno a adxudicación das prazas do programa “En Ruta coa Depo”, unha proposta que procura a convivencia de veciños e veciñas da provincia a través de saídas en compañía de guís de turismo titulados.

Carmela Silva, presidenta da Deputación, explica que “para este 2018 foron adxudicadas 19.814 prazas”, un dato que fala do éxito da iniciativa. Nesta edición serán 32 as rutas dispoñibles co obxectivo, como sinala Silva, de “mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, así como ofrecendo alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia, e promocionando rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Este ano o orzamento destinado a esta actividade é de 360.000 euros, 100.000 máis o ano pasado.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -