Home Programas Área Compostela “A depuradora será na Silvouta e contará cos fondos europeos”

“A depuradora será na Silvouta e contará cos fondos europeos”

0
“A depuradora será na Silvouta e contará cos fondos europeos”

Boas noticias para a veciñanza de Santiago. As mellores. Os fondos europeos para a futura depuradora quedarán na cidade contra a petición da Xunta de Galicia para adicalos a outras obras. A sorpresa chegou na tarde de onte trala reunión que mantivo en Madrid o alcalde da cidade coa dirección de ACUAES.

As acusacións contra o goberno municipal de Compostela Aberta por perder os fondos europeos para a EDAR da Silvouta chegaron ao seu fin. Na última reunión entre o alcalde, Martiño Noriega, e a directora xeral de ACUAES, Rosa Cobo, confirmouse que en efecto Santiago continuará optando aos fondos para a depuradora da Silvouta.

Así o explicou María Rozas, que tamén quixo chamar a atención sobre que se intentasen “subastar” os fondos noutras vilas e cidades de Galicia, como a ría do Burgo, Monforte, Salvaterra do Miño e Tomiño. Polo tanto, o Concello deu onte un importante paso, fronte o balbordo mediático, na consecución da vital obra para a cidade.

Agora, nas vindeiras semanas concretarán nun documento que convenie as bases para a futura depuradora