Home Programas Espazo Aberto A danza galega demanda cambios urxentes ante o “desinterese político” da Xunta

A danza galega demanda cambios urxentes ante o “desinterese político” da Xunta

0
A danza galega demanda cambios urxentes ante o “desinterese político” da Xunta

Este martes 21 celebránse unhas xornadas sobre o estado da danza en Galicia. Desde o sector consideran que a danza está nun “estado de explosión creativa tanto nas ideas, nos procesos creativos, nos proxectos e nas formas de enfrontarse aos públicos.” Con todo, a administración non cumpre as expectativas e o sector demandan cambios con urxencia: “asistimos a un tempo de decadencia no soporte institucional e nas políticas públicas dende a Administración.”  Falamos con Natalia Balseiro e Dolores Vilavedra, coordinadoras das xornadas:

Durante á xornada, o sector conversa con profesionais e xornalistas galegas para analizar a problemática e incluila na axenda pública. Ademais, busca elaborar un informe para que sexa entregado polo Consello da Cultura Galega á Xunta. A reivindicación, segundo explican no programa das xornadas, é que as melloras propostas se inclúan nos orzamentos xerais da administración autonómica.

Todas esas pretensións viñéronse abaixo logo da intervención do director da Agadic, Jacobo Sutil, que sorprendeu cun anuncio: o Centro Coreográfico Galego non terá novo director. Insistiu en que “o CCG non desaparecerá”, aínda que deixou entrever que deixaría de existir como unidade de produción.