More

    A CUT querélase no Supremo por prevaricación contra Grande Marlaska e a Subdelegación de Pontevedra

    O sindicato considera que o Goberno permitiu o prohibiu o dereito fundamental de manifestación seguindo un criterio electorialista

    A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) presentou este luns unha querela criminal no Tribunal Supremo polo delito de prevaricación contra o Ministro do Interior, Grande Marlaska e a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Larriba García.

    O sindicato argumenta que as quereladas prohibiron a manifestación do Día Internacional da Clase Obreira -que constitía nunha caravana de coches- e, nas mesmas condicións e baixo o mesmo estado de alarma, autorizou as caravanas en territorio das elites “homófobas, racistas e xenófobas” organizadas en VOX.

    A central sindical considera que este comportamento administrativo responde aos intereses electorais do goberno de coalición. “Mentres califica de disfuncional e electoralmente prexudicial a celebración dunha manifestación obreira que denuncie as condicións de miseria e a connivencia do Goberno coa CEOE para políticas de exterminio do emprego e dos dereitos laborais, considera electoralmente útil aos seus intereses fomentar as manifestacións da ultradereita, ao fin de presentar o xiro do goberno PSOE-UP á moderación como unha resposta responsable”, sosteñen.

    Hai practicamente un mes, falabamos coas responsables de asesoría xurídica e comunicación nacional da CUT tras a primeira negativa á celebración da manifestación en caravana de coches o 1 de maio. “Se falamos en termos de derrota xudicial, estariamos falando de precariedade democrática no estado español”

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego