No día no que Euskadi afronta unha xornada de folga xeral en defensa das pensións, o bloco de sindicatos alternativos conformado pola CUT, CGT, STEG, Sindicato Ferroviario, Sindicato da Elevación e PROSAGAP convocan mobilizacións ás 19.30 horas nas cidades da Coruña, Compostela e Vigo baixo o lema ‘Defendamos as pensións‘.
Se foi posible no 22M é posible hoxe tamén.
Quedamos hoxe ás 19.30 h para defender as pensión, o traballo e un salario digno ✊✊
– Vigo: na Vía Norte con Urzaiz.
– Compostela: na praza Roxa.
– A Coruña: na praza de Portugal
Para defender as pensión, o traballo e un salario digno— SINDICATO PROSAGAP (@prosagap) January 30, 2020
Os sindicatos que esixen a derrogación das reformas laborais tamén piden a derrogación dos recortes nas pensións das reformas de 2011 e 2013 “retornando á xubilación ordinaria aos 65 anos, á xubilación anticipada aos 61, con 30 anos de cotización, reducindo as penalizacións, eliminando o factor de sostinibilidade, garantindo a revalorización das pensións polo menos co IPC e establecendo unha pensión mínima de 1080 euros, entre outras medidas que as pensionistas están reivindicando con forza en Galicia e no conxunto do Estado”, indicaban no seu comunicado.