A mobilización é a única solución que ve actualmente a CUT que este 1º de maio sairá ás rúas para poñerlle voz ao seu lema: “Sen loita non hai dereitos”. A responsable de comunicación da CUT, Raquel Lema, explica que os problemas que están a sufrir os traballadores e traballadoras hoxe en día seguen a ser os mesmos que os dos comezos da crise social. Para combater isto, Lema aposta polas mobilizacións, o sindicalismo de combate e a folga xeral como ferramenta.
Inicio Espazo Aberto
A CUT ante o 1º de maio: “Seremos as obreiras as que poremos a voz na rúa, xa basta de vivir para traballar”
Dende a CUT non esperan ningunha acción por parte do Goberno central e apostan polo empoderamento da clase obreira galega e a folga xeral