Home Programas Espazo Aberto A CUT acode ao Tribunal Constitucional en defensa do dereito á manifestación o 1º de maio

A CUT acode ao Tribunal Constitucional en defensa do dereito á manifestación o 1º de maio

0
A CUT acode ao Tribunal Constitucional en defensa do dereito á manifestación o 1º de maio

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) presentou este mércores un recurso de amparo ao Tribunal Constitucional no que reclaman o levantamento da prohibición de manifestación en caravana de coches este 1º de maio. O sindicato galego dá este paso despois de que o Tribunal Superior de Xustiza avalase a restricción do dereito a manifestación ao desestimar o recurso presentado polo sindicato que recibiu a negativa en primeiro lugar da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.

A equipa de Nós Televisión afonda neste novo paso no pulso polo dereito á manifestación co Observatorio de Dereitos e Liberdades Esculca no informativo Espazo Aberto que se emitirá este mércores ás 21.00 horas no 119 de R e nas nosas redes sociais.