O Tribunal Supremo vén de confirmar integramente a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 2018 que condenou á CRTVG por vulneración do dereito fundamental á folga das mulleres enmarcada no 8 de marzo.
Ese día, a presentadora do Galicia Noticias decidiu acollerse á folga de 24 horas polo que o programa non debería de terse emitido xa que non se atopaba nos servizos mínimos. Porén, a dirección da CRTVG decidiu substituír á presentadora que foi á folga polo director do programa. Ante isto, a Central Unitaria de Traballadoras, convocante da folga de 24 horas, levou o caso ante os xulgados obtendo agora unha sentenza “histórica” segundo valora o propio sindicato.
A sentenza recolle que “é evidente que a demandada (CRTVG) activou medidas co obxetio de limitar o dereito de folga como foi a de substituír a traballadores folguistas por outros traballadores de nivel superior, para neutralizar o efecto propio e esencial do exercicio de aquel dereito fundamental como é a paralización da actividade”. A CRTVG terá que abonarlle á CUT unha indemnizació polos danos e prexuízos causados de 15.625,50 euros.