O alumnado de Galicia comeza hoxe as probas de acceso á Universidade, as chamadas ABAU. Como é habitual, o medio de comunicación público CRTVG fíxose eco da nova. A sorpresa vén cando a Televisión de Galicia destaca nunha nova colgada na súa páxina web a “polémica” sobre as “desigualdades” entre diferentes Comunidades e non a centra na diversidade de exames aos que fan fronte en cada un dos territorios -que é un tema en debate estes días- senón noutro aspecto totalmente diferente. As mozas e mozos galegos “examínanse dunha materia máis, a de galego“, destaca a nova.
Home Programas Espazo Aberto A CRTVG di que a lingua galega deixa en “desigualdade” ao alumnado en selectividade