Home Víchelo? Attac Galicia A Crise e os Movementos Migratorios: Belén Fernández

A Crise e os Movementos Migratorios: Belén Fernández

0
A Crise e os Movementos Migratorios: Belén Fernández

Belén Fernández Suárez é profesora na Universidade da Coruña e membra de ESOMI. Nesta longa entrevista abórdase o impacto da crise nos movementos migratorios relacionados con Galicia. Multitude de asuntos de interese:

1- A pesar de haber unha alta reticencia á emigración nas novas xeracións galegas, segue crecendo o número de movementos ao exterior. Isto está producindo unha perda de poboación activa.

2- Estímase que máis da metade son persoas novas con estudios universitarios que non atopan en Galicia a posibilidade de desenvolver a súa carreira profesional. Ademais, a xuventude galega enfróntase a altas taxas de desemprego, precariedade e subemprego.3- Todo isto continúa agravando o problema de avellentamento en Galicia.

3- Todo isto continúa agravando o problema de avellentamento en Galicia

4- A crise económica rescata o relato xenófobo e produce o ascenso da ultradereita.

5- O discurso do inmigrante como traballador (tamén utilizado pola esquerda), vense abaixo nos momentos de crise. En momentos de alto desemprego os inmigrantes deixan de ser benvidos a pesar de contribuír ao Estado Social (incluso na crise) ou paliar o desequilibrio demográfico.

6- Débese facer énfase no valor dos inmigrantes por si mesmos, máis alá do seu valor instrumental como contribuíntes de traballo e impostos. Belén menciona tamén a importancia de vivir nun entorno de dinamismo cultural e diversidade.

7- O pasado emigratorio de Galicia non a inmunizou de caer no discurso xenófobo, aínda que si alivia parcialmente e facilita o entendemento coa poboación acollida.

8- Non temos presentes os enormes agravios que teñen que sufrir os inmigrantes. Xeralmente realizan os traballos máis penosos, sofren abusos por parte dos contratadores locais, empúrraselles á irregularidade, néganselles dereitos fundamentais, etc. Todo iso acompañado da necesidade das clases máis golpeadas pola crise de facerlle pagar a alguén os pratos rotos.