Xabier V. Pumariño é biólogo, consultor medioambiental e activista ecoloxista. Nesta entrevista fala da intensificación nos últimos danos dos procesos que deterioran a biodiversidade galega.
Tamén critica ao ecofascismo, que se basea na apropiación dos recursos naturais por parte dunha minoría enriquecida e alerta da necesidade e urxencia de mudar o modelo de produción e consumo. Ademais, puxo enriba da mesa os seguintes temas.
1- A imposibilidade de desacoplar a nosa existencia das capacidades do planeta.
2- Os procesos polos que se deteriora a biodiversidade galega veñen de longo, pero intensificáronse nos últimos anos.
3- As consecuencias ecolóxicas, políticas e distributivas do Ecofascismo, que se basea na apropiación dos recursos naturais por parte dunha minoría enriquecida con frecuencia mediante métodos violentos, ilegais ou de dubidosa consistencia ética. O fenómeno coñecido como acaparamento de terras, que se asocia xeralmente a África e América Latina, tamén está a afectar incrementalmente a Galicia.
4- As políticas da Xunta incentivaron un uso perverso do territorio natural. Tanto Isabel Vilalba (Sindicato Labrego Galego) como Nela Abella (Verdegaia) alertáronnos dun proceso de presión sobre o rural para baleirar as terras e reocupalas con grandes proxectos enerxéticos e de gandería intensiva.
5- O cambio climático e conflitos políticos e movementos migratorios derivados.
6- A desertificación avanza pola península ibérica e os conflitos polo subministro de auga fanse máis patentes.
7- É preciso e urxente mudar o modelo de produción e consumo. A situación actual é de enorme irresponsabilidade.