Este xoves, feriado en concellos como Compostela ou Brión, non haberá especial informativo Espazo Aberto. Por esta razón, traémosvos nesta peza os informativos que realizamos esta semana que arrancaba colocando no foco as reivindicacións das creadoras galegas e en galego. As creadoras, que viven da autoría das súas obras, advirten do agravamento da súa precariedade e o risco que isto supón para o devir da literatura e lingua galega.
As voces das creadoras tamén marcaron o Espazo Aberto que lanzamos o martes. Neste día, tamén afondamos en cuestións como o dereito á desconexión dixital nun tempo no que o teletraballo semella inundalo todo.
Recollemos tamén a introducción dunha peza realizada por Esquerda.net sobre as traballadoras do fogar. Precisamente, os coidados marcan o Espazo Aberto do mércores no que afondamos na situación de enfado e desesperación na que se atopan as traballadoras das escolas infantís. Falamos, en concreto, con Natíchi Grandal que apunta que as escolas infantís non son a ferramenta de conciliación das familias senón un centro de ensino e coidados para as crianzas. Abordamos, ademais, a necesidade dun modelo de cidade que permitan coidar.
O venres voltaremos cun novo Espazo Aberto para todas vós.