O grupo de goberno local levou á sesión ordinaria do Pleno municipal unha moción na que se pedia que A Coruña se declarase “Cidade Libre de Desafiuzamentos”. A proposta, realizada a petición do colectivo Stop Desafiuzamentos, contou cos votos favorables da Marea Atlántica, PSOE e BNG.

- Publicidade -

O PP local abstívose na votación

Con esta decisión o concello poderá negarse a facilitar medios humanos ou materiais que faciliten os desafiuzamentos coa única excepción de que estes sexan solicitados por unha orde xudicial expresa.

Protocolo de actuacións

O concello elaborará un protocolo de actuacións para atender á unidades familiares afectadas co obxecto de garantir a cobertura das súa necesidades básicas. Tamén se terán en conta a situación de menores, persoas con diversidades, víctimas de violencias machistas ou familias en risco de exclusión social.

A moción insta a todas as institucións (Parlamento, Cortes, Xunta e goberno español) “a adoptar accións de protección, seguridade e amparo” das familias afectadas por procedementos de execución hipotecaria que afecten as súas vivendas habituais.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego