Home Programas Área Compostela A Coruña retirará o título de Fillo Adoptivo a Manuel Fraga

A Coruña retirará o título de Fillo Adoptivo a Manuel Fraga

0
A Coruña retirará o título de Fillo Adoptivo a Manuel Fraga

O pleno da Coruña aproba a moción que insta a revogar o título de ‘Fillo Adoptivo’ da cidade a Manuel Fraga e Laureano López, concedidas durante a súa etapa como ministros da ditadura. A moción saíu adiante cos votos a favor da Marea Atlántica, o PSOE e o BNG, que presentou a iniciativa. O único partido que se opuxo foi o PP que cualificou a moción de “provocación sectaria”.

Ademais, o pleno reiterou o seu apoio á retirada da simboloxía franquista e á eliminación das distincións honoríficas outorgadas durante a ditadura a persoas vinculadas co fascismo.

Esta é a segunda moción aprobada en Galicia que conlevará a retirada dos títulos honoríficos ao ex ministro de Franco e ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne. A primeira moción foi no concello de Ferrol, aprobada o 25 de abril.