A Coruña reclama un trato digno: “Non hai unha aposta seria da Xunta de Galicia pola cidade”

Xulio Ferreiro pedirá a Feijóo a tramitación da Intermodal pola vía de urxencia e censura A Coruña non reciba “o mesmo trato que o resto de cidades”

As declaracións de Ethel Vázquez nas que indicaba que as obras da Intermodal da Coruña non poderían comezar até 2022 ou 2023, polo que non rematarían até 2025, non sentaron nada ben no goberno local. Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña asegurou que trasladaría ao propio Feijóo a súa preocupación e que lle pediría que “acelere” este proceso.

Esta petición pode chegar o vindeiro martes cando está prevista unha reunión en San Caetano entre o alcalde e o presidente da Xunta. Ferreiro agarda “lealdade institucional” e a posibilidade de xestionar “con carácter de urxencia” a tramitación urbanística para a aprobación do proxecto da estación de autobuses.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“A cidade da Coruña debe recibir o mesmo trato que o resto de cidades galegas nas que se proxecta este tipo de estación e non resultar castigada por meros intereses electoralistas”, indicou. Ademais considera que as previsión da Xunta son “inasumibles nos prazos, por excesivas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -