A Coruña profundiza no futuro da súa fachada marítima a través do Foro “Tecendo litoral”

No encontro que reune a especialistas e ao sector asociativo presentouse a investigación encargada polo concello

Información, propostas e debate sobre o futuro da fachada litoral da cidade da Coruña centraron a primeira xornada do Foro “Tecendo litoral” que hoxe se iniciou coa presentación dunha investigación encargada polo concello e que rematará mañá coa voz cidadá en forma de traballo conxunto.

- Publicidade -

Abriu o encontro o alcalde da cidade, Xulio Ferreiro e os responsables do traballo de investigación, Sebastià Jornet e María Ríos, para continuar coa lembranza do pasado para mirar ao futuro a cargo da arqueóloga Ana Isabel Filgueiras e o músico Xurxo Souto.

A idea deste foro é servir de ferramenta de traballo a través do diálogo, sempre contando coa cidadanía. No encontro botouse en falta, malia estar convidados á mesa de inaugural, aos presidentes da Xunta, Puertos del Estado e Autoridade Portuaria. Si participaron a presidenta da Federación de asociacións de veciños, Luisa Varela, a de empresarios, Antonio Fontenla, e o reitor da UDC, Julio Abalde. Algunhas das primeiras conclusións apuntaban á necesidade de que se anulen os acordos entre Concello, a Xunta e o Estado de 2004 e as críticas ao recente acordo da Xunta coa Autoridade Portuaria.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego