A Coruña procura unhas festas participativas e sostibles

Agosto é sinonimo de festa na Coruña

A cidade da Coruña está en festas. As de María Pita están entre as festas de maior duración de todo o país e abríronse a comezos deste mes de agosto cun emotivo pregón a cargo de Mercedes Peón.

A cidade acolle este mes as Festas de Maria Pita con numerosas actividades para todos os públicos. Nesta edición continúan a reivindicar a reformulación que iniciou o goberno local hai tres anos procurando a trasnversalidade, un aumento da presenza feminina na programación e a descentralización para chegar a toda a cidadanía.

As grandes citas

As Festas de María Pita 20187 contan cun grande abano de actividades e eventos para todos os públicos.  O Salón Internacional do Cómic Viñetas do Atlántico, a Feira do Libro ou o Festival do Noroeste son, se cadra as citas máis agardadas que, ademais, conseguen facer destas festas unha fonte de recursos económicos para a cidade.

As Festas de Maria Pita rematarán, como xa é tradicional, coas dúa xornadas da romaría de Santa Margarida.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego