O Pleno municipal da Coruña deu luz verde á tramitación dun modificativo de crédito destinado a reinvestir 15 millóns de euros do superávit do pasado exercicio. A proposta municipal, segundo Eugenia Vieito, concelleira de Facenda, destinar esta cantidade a amortización de débeda, reservándose a posibilidade de poder dedicar parte desta cantidade á execución de Investimentos.
Para manter abertas todas as opcións de destino do superávit que permite a normativa de estabilidade o grupo de goberno presentou un voto particular, tamén aprobado, para dedicar esa cantidade para proxectos declarados como Investimentos Financeiramente Sostibles e para créditos pendentes.
Eugenia Vieito falou no Pleno das dificultades que teñen os concellos para levar adiante ivestimentos extraordinarios, como ter en conta o último dato publicado do Período Medio de Pago a Provedores, que empeorou pola negativa a aprobarse en Pleno un recoñecemento extradxudicial. Outro factor, para a edil, sería a entrada en vigor da nova Lei de Contratos do Sector Público dende o mes de marzo de 2018.
Período medio de pago e execución
O Período Medio de Pago do concello da Coruña estaba, no mes de marzo, estaba en 27,7 días, ou sexa dentro dos límites do cumprimento. Logo de entrar en vigor a lei de contratos do sector público, pasou a ser de 42,92 días.
En relación ao orzamento a concelleira de Facenda informou tamén que a súa execución, a data de 23 de novembro, é dun 68,54% “unha cifra que supera a todos os anos do PP”.