Os efectos da absorción da antiga Unión Fenosa primeiro por Gas Natural e agora baixo o nome de Naturgy comezan a sentirse tamén no ámbito da cultura. A nova marca enerxética está a desfacerse de todo os activos culturais que se foron forxando de hai anos e que na Coruña deron lugar ao que na actualidade chámase MAC (Museo de Arte Contemporánea).
Co peche desta instalación queda na incógnita o futuro da súa importante colección de arte mais tamén a continuidade dos colectivos que traballan ou teñen unha relación con el. Enrique Lista, vogal da asociación A Colectiva é un dos artistas afectados. Explica a Nós Televisión que se non se detén a intención da multinacional desaparaecerán todas as actividades que fixeron do MAC un dos centros de referencia da arte contemporánea galega.