Home Programas Espazo Aberto A Coruña e Vigo, as cidades con máis vivendas baleiras e o aluguer máis caro

A Coruña e Vigo, as cidades con máis vivendas baleiras e o aluguer máis caro

0
A Coruña e Vigo, as cidades con máis vivendas baleiras e o aluguer máis caro

A Coruña e Vigo constitúense como as cidades onde máis vivendas baleiras existen. Así o recolle o informe ‘Impacto del turismo en la morfología urbana de los ayuntamientos del Eixo Atlántico’ editado polo organismo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular que presentou o documento este martes no Concello de Compostela.

As sete grandes cidades concentran o 30 por cento das vivendas baleiras de Galicia chegando ás 89.534 vivendas segundo os datos facilitados pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias. Deste número, 19.283 ubícanse na Coruña e 18.588 na cidade de Vigo. Ollando aos municipios en xeral, destacan Lalín (28,19%), Verín (25,94%) e Sarria (25,46%).

Ao mesmo tempo que Vigo se sitúa como unha das cidades con maior número de casas baleiras, tamén resulta a cidade que presenta un prezo medio de aluguer máis elevado en toda Galicia. O prezo é de 8,3 euros por metro cadrado. Tras Vigo, sitúase precisamente A Coruña con 7,2 euros por metro cadrado.