A Coordinadora de Compostela Aberta sae en defensa de Jorge Duarte

André Seoane, co-portavoz coordinadora Compostela Aberta: “Duarte actuou correctamente”

A coordinadora de Compostela Aberta amosou cun comunicado, días atrás, o seu total apoio ao edil da súa formación Jorge Duarte en relación ás dilixencias previas abertas polo caso dos expedientes a locais de hostalería. Un dos seus portavoces, André Seoane, ratificou esa postura preguntado por Nós Televisión.

Para o co-portavoz da Coordinadora de Compostela Aberta a situación actual vén da problemática que hai tempo vive o sector da hostalería na cidade de Santiago.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Para a Coordinadora de Compostela Aberta o que se investiga é unha suposta actuación administrativa errónea polo que consideran que non están diante dun caso polo que o esta formación deba pedir unha demisión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -