Home Programas Espazo Aberto A Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela presenta unha queixa ante a Valedora

A Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela presenta unha queixa ante a Valedora

0
A Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela presenta unha queixa ante a Valedora

A Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela presentou unha queixa ante a Valedora do pobo contra a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza por ter autorizado a instalación da casa de apostas nun local que dende a coordinadora din “que non cumpre coa distancia mínima establecida por lei con respecto ao Conservatorio”. As integrantes da coordinadora sinalan que “a lei establece en 150 metros a distancia mínima con centros de ensinanza reglada e dende o local en Ernestina Otero e a entrada de peóns do conservatorio hai 147 metros, e se tomamos como entrada a zona habilitada como aparcamento do conservatorio non hai nin 120 metros”.

Nova concentración diante do local de Ernestina Otero 47

O próximo luns 2 de decembro ás seis da tarde terá lugar unha concentración diante do local en Ernestina Otero, onde se pretende abrir a casa de apostas. Dende a coordinadora fan chamamento a toda a veciñanza para que acudan porque “ademáis de dar a loita no administrativo como agora fixemos coas alegacións e a queixa ante a Valedora, hai que estar na rúa unidos contra esa casa de apostas, os problemas de adición ao xogo son unha lacra que atingue a toda a sociedade”.