Home Programas Galicia A contaminación do aire urbano en Vigo cae un 64% e na Coruña un 59 por cento

A contaminación do aire urbano en Vigo cae un 64% e na Coruña un 59 por cento

0
A contaminación do aire urbano en Vigo cae un 64% e na Coruña un 59 por cento

O informe de Ecoloxistas en AcciónEfectos de la crisis de la COVID-19 en la calidad del aire urbano en España” conclúe que, nas cidades galegas analizadas (A Coruña e Vigo), a redución drástica do tráfico traduciuse nun descenso dos niveis de contaminación dun 61,5% de media. Deste xeito, Ecoloxistas en Acción valora os datos oficiais de dióxido de nitróxeno (NO2) recollidos nas estacións urbanas de medición da calidade do aire existentes nas cidades da Coruña (4) e Vigo (2) durante os meses de marzo e abril de 2020 e dos dez anos anteriores (1).

Con estes datos salientan que o descenso foi maior en Vigo (64%) que na Coruña (59%). “A mellora da calidade do aire en Galiza está a ser xeral, tanto nos centros das cidades como nas periferias urbanas, do mesmo xeito que son xerais as medidas de limitación da circulación adoptadas”, salientan. “Tampouco se detectan grandes diferenzas entre as diversas prórrogas do estado de alarma, nas que se aplicaron restricións de diversa intensidade, aínda que a caída da contaminación foi algo superior na media do mes de abril (60 % na Coruña e 66% en Vigo) que na segunda quincena de marzo (57% na Coruña e 60% en Vigo)”.

No total das 26 cidades españolas de máis de 150.000 habitantes analizadas, as galegas encóntranse entre aquelas nas que se rexistraron maiores descensos. Vigo (64%) foi a sexta cidade onde máis caeu a contaminación, mentres A Coruña (59%) foi a undécima.