A consulta de En Marea pide a dimisión de Quinteiro

Participaron 928 persoas, un 40% do censo total. 790 votos a favor da dimisión da deputada.

Tal e como se pensaba a participación na consulta de En Marea sobre o futuro da deputada no Parlamento galego, Paula Quinteiro, foi moi baixa. Un total de 928 votos emitidos, o 40% do censo, decantouse con 790 votos pola dimisión da deputada, un 85% e 138 en contra, un 15%.

Agora, finalizada a consulta e con estes resultados a resolución seralle comunicada á deputada “para que obre conforme ao código ético de En Marea e aos seus principios fundamentais que depositan o poder nas bases”, como sinalan nunha nota de prensa desde esta formación. O Consello das Mareas avaliará conxuntamente estes resultados na súa vindeira xuntanza.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego