A conservación do monte, unha cuestión que arrinca no plano local

As xornadas parlamentarias de En Marea sobre o Plan Forestal poñen o foco sobre as áreas naturais conservadas por comunidades veciñais

Co inicio do verán, achégase tamén a tempada de maior risco de incendios no país, e dende En Marea manteñen que o Plan Forestal da Xunta de Galicia non é suficiente, xa que é preciso un “cambio substancial” neste eido. O grupo celebrou este venres unha nova xornada aberta do seu programa “Alternativa para o territorio”

Desta volta, un dos convidados foi João Evans, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Froxán. O activista fixo fincapé nas áreas naturais conservadas por comunidades locais, coñecidas polas súas siglas en inglés como “ICCA”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Contra o silenzo imposto polo PP”

Estas xornadas, organizadas por En Marea, celébranse como resposta ao “silencio” imposto polo Partido Popular en materia forestal. Cómpre lembrar, como indican dende o partido de esquerdas, que o grupo de Goberno “excluíu” da coñecida como “Comisión dos Lumes” a múltiples grupos ecoloxistas que poderían ter aportado unha visión “máis plural” do conflito.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -