O colectivo Queremos Parcelarias de Agolada mobilizouse este xoves ante  a Consellería de Rural para esixir a fin do proceso de concentración parcelaria iniciado hai anos na comarca. A veciñanza deste concello coruñés advirte que o prazo das parcelarias paralizadas expirará a finais deste 2019. De ser así, calculan unha perda de 800 mil euros. “Presentamos unha reunión en xullo e aínda non nos contestaron”, denuncian dende o colectivo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A veciñanza de Agolada recibiu o apoio, entre outros, do Sindicato Labrego Galego e de Unións Agrarias que asistiron este xoves ás mobilizacións. “Chama a atención que dez anos despois teñamos que concentrarnos”, “é unha vergoña”, sostén o secretario xeral de Unións Agrarias.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -