O peregrino 200.000 en agosto, un 13% máis de chegadas a Lavacolla que o pasado ano… A masificación en Santiago de Compostela é unha realidade que a veciñanza percibe especialmente en agosto. Recollemos algúns chíos sobre a vida no centro da capital galega; nos últimos días mesmo se fixo popular o hashtag #FodechinchosGoHome.
Fugindo para o Ensanche, porque o Centro Histórico de #Compostela #Galiza é tomado por turistas, que andam como zombis e gritam nas ruas estreitas. A ver se passa Agosto! #fodechinchostyle #fodechinchosgohome #galizaisnotspain pic.twitter.com/8l2McVxPoY
— torné (@xmtorne) August 14, 2019
E isto as 21,30h. Detrás xusto mais dous con 70 turistas en cada un. Freetours en Compostela, a marca branca com listeriose no turismo #freetours #santiagodecompostela #toxicbusiness pic.twitter.com/uUfvy0zpW1
— MOSCOSO#EuFicoEmCasa??????? (@RafaelMoscoso6) August 27, 2019
Tamén hai quen critica a dificultade de cousas tan simples como tomar un café no Franco ou pasar pola zona vella:
Tomar un café na rúa do Franco e ser o único galego é un pouco perturbador, que vergüenza
— Dani Costa (@danielcosta1998) August 30, 2019
Hoxe fun á biblo a Compostela. Atravesei a zona vella e o espectáculo da masificación fai que unha cidade marabillosa sexa unha aventura horrorosa. Xente berrando, rúas que son centros comerciais de baratoxas turísticas… unha mágoa
— B (@Le7be) July 17, 2019
Si, si, naturalmente. Cada ano hai menos pisos en aluguer porque os propietarios prefiren alugar a turistas. Estase a expulsar á cidadanía fóra de Compostela, e o que temos é un turismo masivo e descontrolado que tamén urxe regular.
— Yuri Carrazoni (@YuriCarrazoni) August 1, 2019
Bugallo rexeitaba estes días implantar a taxa turística, mais a aposta do concello polo turismo foi apoiada tamén pola Ministra de Industria a principios de mes.
ten unha tasa turística ate Cuspedriños por ahí diante…
— Uxío @Novoneyra Rei (@UxioNovo) August 30, 2019
https://twitter.com/pichelDisonante/status/1167323780089180162
"Podéis contar con nuestra ayuda para que el turismo sea una palanca de generación de empleo y riqueza para esta ciudad y sus vecinos" Reyes Maroto, Ministra de Industria, no Libro de Ouro de Santiago, antes de reunirse con alcalde Sánchez Bugallo.https://t.co/9vyN6DIEbB pic.twitter.com/merGjwMhUm
— PSdeG-PSOE Santiago (@psdegsantiago) August 5, 2019
Por sorte, sempre é posible atopar lugares “onde os turistas non molestan”, como fixo o escritor Xavier Alcalá:
Por fortuna, aínda hai lugares de Compostela nos que os turistas non molestan. Son poucos e seica facemos mal en publicar a súa existencia. Con todo, velaí unha instantánea nocturna que gustosamente ofrezo ao Concello de Santiago pois mostra o propio @PazodeRaxoi. pic.twitter.com/Ob0KR4WFEW
— Xavier Alcalá (@xavier_alcala) August 28, 2019