Home Programas Área Compostela A Comisión do Bordo do Litoral estudará a autorización do baño no Parrote

A Comisión do Bordo do Litoral estudará a autorización do baño no Parrote

0
A Comisión do Bordo do Litoral estudará a autorización do baño no Parrote

A Comisión Especial para o Bordo Litoral, constituída o pasado 10 de setembro, reunirase este luns para abordar todas as cuestións referidas a estes terreos. En concreto, a Comisión presidida polo concelleiro Xiao Varela procurará un acordo arredor da prohibición do baño na enseada do Parrote. Segundo trascendeu, a  proposta é seguir o modelo da Mariña de Valencia e habilitar unha zona de baño controlado que non afecte ao marisqueo na zona, e respectando os requisitos legais. A iniciativa realízase a petición de dúas veciñas, que nas últimas semanas recolleron un total de 1.115 sinaturas solicitando a apertura dunha zona ao baño no Parrote.

A zona do Parrote constituía unha zona de baño na cidade ata que en 1968 foi ocupada polo complexo da Solana. Agora, cómpre valorar a posibilidade da súa apertura ao baño libre.