Pablo Gómez é biólogo e activista en colectivos de defensa da terra como Casalonga Limpa de Residuos, Plataforama pola recuperación do Sar ou Salvemos a comarca de Ordes
“O caso de Casalonga é paragdimático”, afirma o biólogo e activista Pablo Gómez que en menos de quince minutos de entrevista repasa algúns dos principaios conflictos ambientais en Galicia, a importancia de camiñar cara outro modelo de xestión de residuos ou a necesidade de artellar novas formas de produción enerxética, máis sostibles co medioambiente e respetuosas coas comunidades. “Cando todas as galegas teñamos que mercar auga embotellada, darémonos conta das conscuencias das agresións medioambientais”, advirte.