A SELIC —Semana do Libro de Compostela— ten unha vocación “internacional”, e este aspecto faise notar coa presentación da colección Liñas Paralelas. Trátase de seis volumes de contos de autoras e autores clásicos coma Chekhov, Poe ou Kafka, distribuídos en diferentes liñas temáticas, unha das cales, “Contos composteláns”, porá o foco literario sobre a cidade.
As obras están traducidas ao galego polo escritor Pepe Sendón, encargado tamén de dar voz aos audiolibros que o Diario Cultural da Radio Galega emitirá cada día, e estarán tamén dispoñíbeis na páxina web da SELIC. Esta proposta amosa o traballo que Sendón vén facendo nos últimos dous anos.
Repartiranse de balde
Para esta colección imprirase unha tiraxe de 10.000 exemplares, que se distribuirán de balde na SELIC. Deste xeito, cada compra dun libro na feira compostelá obterá como agasallo un volume de ‘Liñas Paralelas’.