Ante a caída do goberno do PP, a CIG vén de anunciar a “suspensión” da convocatoria de folga xeral que tiñan convocada para o vindeiro 19 de xuño. Desde o sindicato nacionalista recoñecen que o novo escenario político obriga a dar tempo ao novo goberno central
A caída do PP crea expectativas entre a cidadania que debemos respectar
A previsible suspensión foi acordada onte polos organismos do sindicato foi acompañada tamén por críticas contra a “complicidade” do PSOE na actual situación social e laboral no Estado español e, por iso, o sindicato mantén o seu calendario axitativo de cara a esa xornada na que, en todo caso, haberá mobilizacións ás 20:00h para esixir a derrogación das reformas laborais, da reforma da negociación colectiva e, entre outras cousas, a mellora das pensións.
O secretario xeral adiantou que a CIG retomará a convocatoria de folga xeral nos vindeiros meses se o novo goberno do PSOE, e a correlación de forzas que o fixo posíbel, non derrogan e anulan todas as reformas que “rouban e empobrecen a clase traballadora e o conxunto do pobo galego”.